A Historia

Santa Clara de Pontevedra é un espazo vivo. Comunidade (o convento) e edificio (o mosteiro) camiñaron da man dende as súas orixes medievais, entrelazando por suposto as súas traxectorias e converténdose nun só ente.

  1. 1271

    As Clarisas en Pontevedra

     

    As primeiras novas da instalación das clarisas en Pontevedra son indirectas, pois non temos comunicacións papais ou un documento de fundación. A noticia que se toma como fundacional é a suposta doazón que faría Maior Pérez, esposa do burgués de Pontevedra Fernán Núñez de Aldán, o 14 de marzo de 1271 para promoción da comunidade. Pero débese advertir que o documento non se conserva hoxe en día e a nova transmítesenos dende a crónica que Xacobe de Castro fai da provincia.

  2. 1293

    Primeira referencia documental

     

    Primeiro testemuño con seguridade do convento localizado nunha doazón de bens.

  3. 1312

    O favor real

     

    Data do privilexio de Afonso XI a Santa Clara de Pontevedra que se mantén até o século XIX.

  4. 1362

    A igrexa conventual

     

    Data de inicio da construción da cabeceira gótica.

  5. 1510

    A igrexa da comunidade

     

    Finaliza a obra principal da igrexa claustral e da comunidade, que vemos hoxe en día.

  6. 1719

    Fuxida a Compostela

     

    A comunidade vese obrigada a escapar da invasión inglesa e refúxiase temporalmente en Santiago.

  7. 1730

    O gran retablo barroco

     

    Finalízase a obra do retablo que embelece o altar maior.

  8. 1793

    Un órgano singular

     

    Data de fabricación do órgano de Santa Clara, particular polos seus tubos horizontais.

  9. 1809

    Agradecemento trala batalla

     

    O xeneral Pedro Morillo fai ofrenda e doazón das bandeiras militares trala vitoria de Pontesampaio fronte aos franceses.

  10. 1868

    A Desamortización

     

    A comunidade vese obrigada a abandonar o mosteiro.

  11. 1875

    O regreso

     

    A comunidade regresa ao mosteiro de Santa Clara, trala intervención do arcebispado compostelán.

  12. 2017

    As derradeiras monxas

     

    Sor Sagrario e Sor Purificación, as últimas clarisas, deixan o convento de Pontevedra.

  13. 2021

    Clausura aberta

     

    O Concello de Pontevedra adquire o mosteiro para abrilo á cidadanía.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad