LAVADOIROS

F. Zagala © Museo de Pontevedra

F. Zagala © Museo de Pontevedra

LAVADOIROS

 

Os lavadoiros do mosteiro de Santa Clara son un lugar moito máis importante do que puidera parecer; xa non na vida cotiá, senón nos recursos da propia comunidade. Como espazo, é lugar de lavado da roupa das integrantes do convento. Pero o paso do tempo, desamortizacións e avatares, fan á institución, como tantas outras da igrexa galega e peninsular, perder a súa preeminencia propietaria e rendeira. E así as monxas de Santa Clara comezaron en época recente a percibir ingresos en troques do lavado da roupa daqueles que así o solicitaban, establecendo unha nova relación co resto da poboación da vila de Pontevedra.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad